Ilustrando a Platero y yo

Ilustración, en proceso para animación en la app cut-out.
Proyecto integrado: creanimacion a la lectura

La propuesta para ilustrar a Platero se realizó como un examen de selectividad de la asignatura Técnicas de expresión gráfico-plásticas TEGP pero en dos sesiones y como ejercicio práctico para alumnado de 2º de bachillerato. En formato DIN A3 el alumnado de artes dedicó dos sesiones de aula. La primera sesión de 45 minutos para realizar una ilustración seleccionando la técnica o técnicas que tuvieron que comentar y justificar en la siguiente clase. La lectura de uno de los capítulos es el texto seleccionado para ilustrar.

Las alumnas y alumnos de Cultura Audiovisual de 1º de bachillerato crearon animaciones de aproximadamente 20 segundos y editaron un audiovisual narrado sobre el capítulo que previamente habían seleccionado.

En Educación Plástica, visual y audiovisual en la ESO la ilustración puede realizarse según la unidad didáctica a la que se asigne la actividad. Por ejemplo el color, el punto, la línea o el lenguaje visual y audiovisual son unidades en las que se puede aplicar este ejercicio de forma interdisciplinar y de animación a la lectura. La video-creación es realmente útil como colofón a una serie de ejercicios creativos agrupados en torno a la lectura de Platero y yo.



Ilustraciones de alumnos de 2º de bachillerato de artes del IES María Soliño: José Fernández, Raúl Novas, Berto, Susana Silva, Lara Fandiño y Alejandra. Asignatura Técnicas de expresión gráfico-plásticas en el curso 2014-2015.



Comentario de Alberto García, alumno de 2º de bachillerato en el curso 2014-15 en T.E.G.P:
Sábado, 16 de maio do 2015

COMENTARIO DA ILUSTRACIÓN DE “PLATERO Y YO” 
PARA TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICO-PLÁSTICA:

"Propúxoseme realizar unha ilustración que rememorara ó personaxe principal da obra que o coñecido autor Juan Ramón Jiménez publicou no ano 1917, “Platero y yo”, na que se relatan as aventuras vividas polo propio autor cun inseparable amigo, Platero, un, palabras textuais del no primeiro párrafo do libro, burro “pequeno, peludo, suave; tan brando por fora que se diría todo de algodón, que non leva ósos”.

Nesta ilustración, pretendín centrarme únicamente en Platero, o animal que dá personalidade ao libro de relatos.

Situei ao asno centrado na imaxe, pero dun xeito natural, non quixen mostrar unha excesiva obsesión por colocalo perfectamente enmarcado pero si cos devidos marxes. Esta situación do personaxe principal nunha posición máis ou menos central pero algo escorada a un lado lembra ás proporcións áuricas empregadas nunha gran maioría de cadros moi coñecidos. Un exemplo disto é a famosa obra de Velázquez, “Las Meninas”, na que mostra con esta colocación á infanta Margarita Teresa de Austria (futura raíña de España) para darlle o protagonismo no cadro. Aínda que non me parei a calcular o rectángulo áurico para elo, tiven esta intención espacial aproximada.

Como é o único personaxe da miña ilustración, fíxenno bastante grande en dimensións e dinlle escasa importancia ao ambiente que o rodea.

Para o fondo, decidinme por un verde que contrasta bastante coa cor do burro, pero dun xeito hamónico e, na miña opinión, dun xeito bonito estéticamente. O fondo sitúa ao personaxe nun prado onde abunda a vexetación, o que dá a impredsón de “liberdade” e non dun animal destinado á “escravitude”, como en moitos casos acontece con esta especie. Co que pretendín reflexar o afecto e cariño que Juan Ramón amosa cara o animal na obra, non ten posesión del para fins laboriosos.

Como estes mamíferos poden ter unha cor de pelo de tons moi variados, dendo o negro ao branco, pasando polo marrón, decidinme por un gris escuro que non ofrecera confusión sobre a especie da que se trata. Complementeino con algúns trazos marróns para darlle máis naturalidade e resaltei o seu característico fouciño branco ou gris claro.

Para esta ilustración, realicei un rápido encaixe e trazo da figura con lápis HB corrente e o resto foi feito a acuarela. A acuarela é un tipo de pintura cunhas características moi especias. Está composta por goma arábica e pigmento e disólvese con auga. Canta máis cantidade de auga sexa empregada para mesturar coa cor, máis transparente se reproducirá sobre o papel e, con elo, será máis práctico realizar veladuras, xa que as cores se solapan ao pasar por enriba reiteradamente, co de abaixo xa seco.
Alberto García Fernández 2º BACH. A 2015-2016

Elexín esta técnica porque me parece unha forma de lograr unha aceptable estética de xeito sinxelo e rápido. No fondo dinlle unha primeira capa de verde con pincelada solta e , ao finalizar, con esta superficie xa seca, coa mesma cor añadín algúns trazos extras por enriba, os cales quedan máis escuros. Con elo pretendín acadar a sensación de herba de forma rápida e de boa resolución técnica, cun aceptable acabado estético. Posteriormente dediqueime ao burro, o cal me deu dificultades. Xa que ao pasar o pincel por enriba da pintura seca as pinceladas escurécense. É unha das características peculiares da acuarela que empreguei para o meu beneficio no fondo pero me perxudicou na figura. Tentei adaptarme ás circunstancias e rematei dando algúns detalles en negro como globos oculares, orificios nasais ou as sombras, o cal mellora o acabado final, na miña postura."